jueves, 25 de julio de 2013

Solidariedade

En solidariedade coas víctimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela

martes, 24 de julio de 2012

jueves, 30 de septiembre de 2010

Muros

"Todos eran galegos, menos o Capitán, que era de Muros", dito popular.



miércoles, 4 de agosto de 2010

domingo, 24 de enero de 2010

Lenda: Unha serea terra adentro


Abondan en Galicia lendas de fadas, mulleres misteriosas que engadan ós homes coas súas artes e a súa beleza, pero sen endexamais deixarse apreixar por eles.
Algunhas destas lendas son case as mesmas nas distintas localidades, agás pequenas variantes, fenómeno facilmente comprensible debido á sús trasmisión oral.
Cada pobo, cada parroquia, sitúa a súa fada particular nun lugar, sempre o máis recóndito dos arredores, neste caso no risco dos Ballotes, situado e uns seis kilómetros de Santiago de Compostela en dirección a Ourense, á dereita da N-525, de diícil acceso.
A esta fada calificámola de serea pois, entre os seus moitos atributos, contaba cunha fermosa voz coa que engaiolaba ós homes, e andaba medio espida.
Nos anos 30 do século pasado, os mozos e algúns non tan mozos, solteiros, claro está porque ós casados as súas mulleres non lles consentían participar nesas troulas, da Susana e de San Fins, organizaron unha partida, armados coas escopetas de andar ós coellos para atopa-la famosa serea, e foron ó anoitecer, despois de cear, co ánimo de non voltar ás súas casas ata descobri-lo misterio da fada.
Na mañanciña do día seguinte foron regresando cal soldados vencidos no campo de batalla, cada un polo seu lado, buscando os camiños menos transitados para non atoparse con viciños curiosos; uns sen escopeta, outros coas mans e as pernas esfoladas, a roupa esgazada e todos coa cabeza gacha.
A serea bulrárase deles: as pedras do risco eran cascalla e, ó pisalas, esbararan polo monte abaixo.
Preguntados polo que acontecera, ningún quixo respostar e, desde aquela, naide se atreveu a molestar á fada.
(Escoitei moitas veces esta historia por boca de miña avoa e máis de miña madriña).


sábado, 23 de enero de 2010

Santiago de Compostela: cabezudos (4)


Charanga de cabezudos na Praza do Toural

Autor das fotografías: L.Q.M.

Cabezudos na Praza da Quintana

domingo, 17 de enero de 2010

Santiago de Compostela: cabezudos (3)

Encontro de xigantes na Praza de Praterías, algúns deles procedentes doutras Comunidades autónomas.
Autor das fotografías: L.Q.M.

Os Xigantes, perteñecentes ó Cabildo compostelán na Praza da Quintana.
Son sete figuras: O Coco (vestido de capitán da mariña) e a Coca, que nada ten que ver coa de Redondela (iso é outra historia da que falaremos noutra entrada). A de Santiago é unha figura feminina ataviada con roupa rechamante. As outras cinco figuras, máis outas e estilizadas, representan segundo a tradición os cinco continentes.