martes, 5 de enero de 2010

Dólmen de Axeitos


Dólmen de Axeitos: parroquia de Oleiros, concello de Ribeira, na comarca do Barbanza (A Coruña, Galicia)










Autor: S.P.F.
A viaxe virtual a algúns monumentos megalíticos de Galicia que, por certo, suscitou moito interese por parte dos nosos alumnos, foi o complemento ó traballo realizado por Cristina López Portela e Laura Rodríguez Guede, do Postgrado de Xerontoloxía Social da USC en prácticas (curso 2008-2009) sobre algunhas lendas galegas, principalmente aquelas que teñen como protagonistas ós mouros. Precisamente o dólmen de Axeitos é coñecido como "A Pedra Moura".
Resulta estrano que estes monumentos sigan sendo cualidados moitas veces de "funerarios", cando neles non se atopron vestixios de enterramentos nen de restos humáns que corresponderan á data da súa construcción. A súa verdadeira intención segue sendo un misterio, probablemente de aí o seu interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario